El Correo Gallego Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting
Tierras de Santiago

Jueves 18.03.2010

Culturas 
atrás Comparte en Yahoo la noticia O García Barros, para ‘e-book’ Comparte en Del.icio.us la noticia O García Barros, para ‘e-book’ Comparte en Menéame la noticia O García Barros, para ‘e-book’ imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto

O García Barros, para ‘e-book’

Editorial Galaxia e o Concello da Estrada renovan o convenio do premio de novela ·· En vindeiras edicións o traballo gañador tamén estará dispoñible en formato dixital

A ESTRADA. T.S.

Sanmartín, esquerda, Dono, Freixanes, Carlos Lema, de Galaxia, e Belén Louzao na sinatura do convenio FOTO: sangiao
Sanmartín, esquerda, Dono, Freixanes, Carlos Lema, de Galaxia, e Belén Louzao na sinatura do convenio
FOTO: sangiao
Logo de máis de dúas décadas de exitosas convocatorias, o premio de novela Manuel García Barros, que convoca o Concello da Estrada, entra na xeira dixital. A vindeira edición estará dispoñible en papel e tamén en formato dixital para os chamados e-books. O mesmo acontecerá co traballo ganador do premio de poesía Avelina Valladares.

Sobre o de novela, todo un referente no ámbito literario galego, Editorial Galaxia e o Concello da Estrada acaban de renovar o convenio de colaboración para a publicación dos traballos ganadores, por outros dez anos.

O alcalde, José Antonio Dono, e o director de Galaxia, Víctor F. Freixanes, asinaron o acordo para seguir renovando éxitos.

Freixanes destacou o esforzo do Concello por manter este certame literario, que xunto co Xerais e o Blanco Amor seguen a escribir a historia da narrativa galega contemporánea.

UNA DOTACIÓN DE 9.000 EUROS

O prazo para a vixésimo segunda edición remata o 16 de abril
Hai xa 22 anos que A Estrada apostaba forte pola literatura. Nacía entón o premio Manuel García Barros de novela, dotado hoxe con 9.000 euros de galardón, e que vén ser tamén un recoñecemento o insigne escritor e mestre de Berres, coñecido tamén polo seudónimo que usaba (Ken Keirades).
Nestes anos, nomes destacados da nova fornada de escritores galegos seguen a integrarse na lista estradense, da que xa se teñen traducido obras a outros idiomas, coma o caso de As rulas de Bakunin, do ourensán Antón Riveiro Coello.
O prazo para presentar traballos a esta vixésimo segunda edición do certame literario, rematará o vindeiro 16 de abril.

atrás Comparte en Yahoo la noticia O García Barros, para ‘e-book’ Comparte en Del.icio.us la noticia O García Barros, para ‘e-book’ Comparte en Menéame la noticia O García Barros, para ‘e-book’ imprimir recomendar Aumentar texto Reducir texto
 
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de Tierras de Santiago envíe un
e-mail a redaccion@tierrasdesantiago.com. Titularidad
y política de privacidad