Martes 09.02.2010
![]() |
| Xosé Luna, á esquerda, co artista homenaxeado Paco Lareo FOTO: Sangiao |
E, precisamente, polo seu traballo a prol da cultura, os de Fervenza, con Xosé Luna ao fronte, dedicáronlle este recoñecemento, ao que se sumaron amigos como Vázquez Pintor, Francisco Pillado, o seu compatriota Neira Vilas (que enviou unha carta de adhesión), o seu Concello, Vila de Cruces, o da Estrada, de Forcarei... a familia de Xesús Golmar e o colexio de Lalín que leva o seu nome, o Recreo Cultural, a familia de Reimóndez Portela... e a voz do tenor de Carbia, César Torres.
Lareo lévouse emocionados aplausos, agasallos como a auga de Fervenza, proxecto co que cola- borou dende o principio cos seus deseños, e moitas sorpresas.
Dende a editorial estradense chegaba unha das grandes: Camiño de volta, o conto do artista de Piloño toma forma de peza teatral. E non ha tardar moito en ser representado.