Martes 24.01.2012
![]() |
| Os osados que se atreveron a tirar do carro durante 36 metros para lograr o título deste campeonato mundial FOTO: BC |
Con esta carta presentación é máis que lóxico que a carballeira de Zarra do Monte, en Vilantime, xuntara o pasado sábado a máis de 700 persoas.
Así, despois don boa comilona, e porqué negalo, de mollarse tamén por dentro, comezou a diversión. Os e as máis osadas apuntáronse no VIII campeonato mundial de tiro do carro no que, arrancando o sudor de moitos, empurraron con toda a súa forza enganchados o xugo. Logo xurdiu un espontáneo xogo de tiro de corda no que as mulleres alcanzaron ó poder. E despois, o mellor: o X Arrebolamento de Sacho. ¡Coidao cas cabezas que alá vai!, soaba mentres os sachos voaban polas leiras.
A festa continuou cun torneo, máis tranquilo xa, de futbolín e logo viñeron os mareos cos merengues no concurso de baile. A festa resistiu ata a madrugada acompañados de música e pólvora.