Galicia Hoxe
El Correo Gallego
Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Domingo 12.09.2010
Portada

SANTIAGO ACOLLE O MERCADO ATLÁNTICO DE CREACIÓN CONTEMPORÁNEA

"O Macc será a maior concentración de talento nunca vista"

Vítor Belho durante a presentación do Macc 05.09.2010 Os días 10, 11 e 12 de setembro celébrase en Santiago o Mercado Atlántico de Creación Contemporánea “co obxectivo de comezar a construír un novo modelo cultural baseado na importancia das redes, da hibridación e do desenvolvemento social”, sostén Vítor Belho, presidente de Atlantic Comnection, organizadora do evento. “Galiza ten moito que gañar se é quen de mirar por procesos que teñan unha perspectiva horizontal onde a contribución de cadaquén é fundamental para a creación dun ben común”, engade, e anota: “En Compostela, unha cidade de inmensa creatividade, seguímonos espetando de fuciños na muralla institucional e dos poderes que sempre en Compostela tiveron amarrada e limitada a cidade”

GONZALO ABALO, LÍDER DE NADADORA

“En Galicia temos moita rabia que ten que exportarse”

Gonzalo, primeiro pola esquerda, é o líder de Nadadora xunto con Sara  (G.H.) 05.09.2010 Os do Grove lanzan o martes o seu terceiro (e magnífico) longo, ‘Luz, oscuridad, luz’, que define a súa filosofía melancólica sen perder o optimismo, algo así como o carácter galego feito canción. Segundo o seu guitarra e voz, “para compoñer e para vivir, isto pégase. Somos parte de onde nacemos”, sentencia

UN THRILLER FUTURISTA

‘Orixe’: Leonardo e os soños

Dicaprio e Cotillard nun fotograma do filme 05.09.2010 A orixinalidade da última película de Christopher Nolan é un sopro de aire fresco na aburrida carteleira das últimas semanas. O director británico colle un argumento tradicional –as ideas moven o mundo– e convérteo en ciencia ficción. DiCaprio asenta a súa solvencia en papeis atormentados dende ‘Revolutionary Road’

COMEZO DO CURSO

Tea vaqueira para todas as pezas

Unha saia vaqueira para este inverno (Axencias e G.H.) 05.09.2010 O eterno ‘denim’ encabeza a lista dos máis buscados da temporada, a onde chega con forza en forma de cazadoras, parkas, abrigos, camisas, vestidos, saias, e pantalóns, en todos os cortes, dende pitillos a ‘oversize’ para combinar de todas as formas posibles

CANDO CHEGA SETEMBRO

A xoaniña que comeu amorodos ata fartar

 (Faktoria K de Libros) 05.09.2010 Bole dun lugar ao outro para facer o seu niño como o faría este insecto singular na procura da cor que a identifica. Se ti aínda non coñeces estas dúas propostas de Faktoría K de Libros terás que andar ás présas, porque en dous dos seus exemplares cabe toda a natureza e a súa maxestuosidade

NO CENTRO DOLCE VITA, NA CORUÑA, A PARTIR DE MAÑÁ

O traballo infantil en Bangladesh é así

Algunhas das fotografías tomadas por José Alfonso e que se poderán ver na cidade herculina (José Alfonso) 05.09.2010 Concienciar o visitante contra a explotación laboral dos menores. Este é o obxectivo da mostra que se pode ver na cidade herculina e que inclúe unha trintena de fotografías tomadas en Dhaka polo madrileño José Alfonso, realizadas para a campaña promovida por Intervida ‘Faino ti mesmo’

Patrimonio da Humanidade

Vila de Guanajuato e as súas minas

Unha vista panorámica do núcleo histórico da cidade mexicana de Guanajato (Chrystian Alcántara) 05.09.2010 No ano 1988 a Unesco aprobou a integración na súa Lista do Patrimonio Mundial desta cidade mexicana e das explotacións mineiras xa inactivas da súa contorna, de onde saíron boa parte do ouro e mais da prata que abasteceron os mercados europeos durante a época da colonización española, e aínda máis tarde

PEPE GALÁN

A idade do ferro

Pepe Galán. A Coruña (Xoán Piñón) 05.09.2010 Territorio, mar, vida, compromiso, memoria… foron algunhas das claves da grande exposición retrospectiva, desde 1984 ata hoxe, do escultor Pepe Galán (A Coruña, 1955), clausurada días atrás no Quiosco Alfonso: a sala máis emblemática da cidade e a única con capacidade suficiente para albergar unha exposición de semellante envergadura

Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade